jueves, 26 de noviembre de 2015

ACTIVIDADE 6. IMPRESORAS 3D

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE6.
Impresora 3D

  • Buscando a información na rede redacta aproximadamente 25 liñas explicando o seu principio de funcionamento, tipos e aplicacións. 
  • Engade un vídeo da rede (duración non superior a 3 minutos si é posible). 

FUNCIONAMENTO
O termo impresora como o seu nome indica fai referencia a ese obxecto que sempre tivemos en casa ou na oficina do noso traballo e que, conectado aos nosos computadores, é capaz de producir documentos almacenados nos nosos computadores, fundamentalmente documentos de texto e/ou documentos gráficos (en cor ou en branco e negro). Con isto podemos conseguir pasar documentos electrónicos a documentos físicos.
Unha impresora 3D o que realmente fai é producir un deseño 3D creado co computador nun modelo 3D físico. É dicir, se deseñamos no noso computador por exemplo unha simple cunca de café (por medio de calquera programa CAD Deseño Asistido por Computador) poderemos imprimila na realidade por medio da impresora 3D e obter un produto físico que sería a propia cunca de café.
Polo xeral, os materiais que se utilizan para fabricar os obxectos poden ser metais, nylon, e como uns 100 tipos de materiais diferentes.
Unha impresora 3D é algo máxico, é coma se puidésemos por fin crear obxectos da nada.Dende obxectos tan sinxelos como unha cunca de café a obxectos moito máis complicados e incribles como partes dun avión ou mesmo órganos humanos utilizando as propias células dunha persoa.
As impresoras 3D o que fan é crear un obxecto coas súas 3 dimensións e isto conségueo construíndo capas sucesivamente ata conseguir o obxecto desexado.


TIPOS
 - Impresoras 3D de Adición: nas que se vai engadindo o material para imprimir por capas (tamén se chaman "de inxección de polímeros") 
 - Impresoras 3D de Compactación: nestas, unha masa de po compáctase por estratos (capas) e dentro deste método clasifícanse en 2 tipos: as que utilizan Tinta ou as que utilizan Láser. As primeiras utilizan unha tinta que aglomera o po para que sexa compacto e esa tinta pode ser de diferentes cores para a impresión en diferentes cores. As segundas utilizan un láser que lle dá enerxía ao po facendo que este po se polimerice e logo mergúllase nun líquido que fai que se solidifique.

APLICACIÓNS
Os obxectos que poden imprimirse en 3D son múltiples e variados. Obxectos caseiros, maquetas, alimentos, compoñentes espaciais, próteses, órganos humanos, etc. Digamos que todo o que poidas "crear" por ti mesmo podería imprimirse en 3 dimensións. Nada se resiste ás impresoras 3D. 
 É lóxico pensar que estas impresoras están deseñadas para obxectos pequenos pero nada máis lonxe da realidade xa que existen impresoras de grandes dimensións que poden mesmo imprimir un edificio por pezas cos seus mobles incluídos. 
A propia NASA enviará unha destas impresoras 3D á Estación Espacial Internacional para que os astronautas poidan fabricar pezas que consideren necesarias no espazo.
Mesmo se poden fabricar casas mediante impresoras 3D. En chinesa xa se fabricou unha vila enteira que custou uns 500 euros por metro cadrado e en tan só unhas decenas de días. A vila fabricouse por módulos en fabrica e despois colocouse no sitio onde quería o dono.

Aquí podes ver un vídeo que explica mellor o funcionamento das impresoras 3D:



No hay comentarios:

Publicar un comentario