jueves, 3 de diciembre de 2015

ACTIVIDADE8

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE8.
Os conceptos están definidos na páxina 48 e 50 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:
(0.75 puntos) Tarxeta de rede. Busca imaxe ou imaxes na rede onde aparezan identificados os conectores.
(0.75 puntos) Concentrador e conmutador. Busca unha imaxe de cada un na rede.
(0.5 puntos) Punto de acceso. Busca unha imaxe na rede.
(1 punto) Cableado de rede. Busca imaxes na rede onde aparezan os conectores RJ45 e ST e cables de par trenzado apantallado e fibra óptica. Nestes últimos deben estar indicadas as suas partes.  

Tarxetas de rede  

Para que un computador poida establecer comunicación con outros computadores ou dispositivos,debe dispoñer dunha tarxeta de rede ou adaptador de rede (hardware) e, por suposto, ter instalado o seu controlador (software) no sistema operativo para que se poida utilizar.
Ás tarxetas de rede tamén se denominan NIC (Network Interface Card) posto que ofrecen unha interface de rede cuxo conector é distinto dependendo do tipo de cableado; o máis utilizado é o conector RJ45, necesario para o cableado UTP. Tamén existen tarxetas de rede sen fíos que transmiten a información por ondas electromagnéticas e, por tanto, non necesitan conectores nin cables. Estas tarxetas poden levar unha pequena antena para aumentar a intensidade de sinal e mellorar así a transferencia.



Concentradores e conmutadores

Os concentradores e os conmutadores son dispositivos que interconectan os cables dunha rede. A función de cada un é a seguinte:

Concentrador o hub:

A este dispositivo chegan todos os cables da rede,un por cada computador ou dispositivo,actuando de ponte. Cando un computador envía información, o concentrador reenvíaa a todos, para que o destinatario tómea e o resto a descarte.

Conmutador o switch:

Ten características similares ás do hub, pero con algunhas outras funcións engadidas. Unha delas é que, ademais de servir de ponte para a conexión de todos os ordenadores, é capaz de identificar os equipos que ten conectados,polo que non necesita enviar información a todos eles, senón solo ao destinatario. Evítase así sobrecargar a rede e a colisión de datos.Outra diferenza é que, ademais de equipos, permite interconectar redes do mesmo tipo.


Na actualidade, utilízanse maioritariamente os switch, que soen ofrecer, ademáis dos conectores RJ-45 para rede cableadas, tecnoloxía Wi-Fi para conexións inalámbricas.

Punto de acceso

Nunha rede de área local cableada, tamén é posible instalar un punto de acceso sen fíos de maneira que, ademais dos ordenadores conectados por cable, pódense conectar a rede outros dispositivos sen fíos.

Cableado de Rede

O cable é un dos medios de conexión utilizado nas redes para transmitir datos. Existen diferentes tipos de cable:

Cableado coaxial:

Está formado por un fío condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. É similar ao que se usa para a antena de televisión, aínda que actualmente está en desuso.

Cableado de par trenzado:

Está constituído por catros pares de fíos. Cada par está entrelazado para diminuír a interferencia eléctrica e evitar que se meta a sinal entre os pares.

Dentro deste cableado distínguense os seguintes tipos: 

UTP:

É un cable non apantallado. É de baixo custo pero sensible a interferencias, polo que produce máis erros que outros cables.

STP:

É un cable apantallado, é dicir , ten unha malla metálica ao redor do cable que o protexe das interferencia electromagnéticas.

FTP:

É un cable apantallado con blindaxe global que pose unha pantalla conductora en forma trenzada. Mellora a protección fronte as interferencias con respecto aos anteriores.Existen diversas categorías de cables, dependendo da sua velocidade de transmisión. As que están en uso son: categoría 5 (100 Mbps), categoría 6 (1Gbps), categoría 7(10 Gbps) e categoría 8, que está en fase de desenvolvemento. O cableado de par trenzado utiliza conectores RJ-45.

 

 

 

 

 

 

 

  

 

Cable e fibra óptica: 

É unha fibra moi fina de material transparente, vidro ou material plástico, pola que se envía un haz de luz. Estes cables constan de un grupo de fibras ópticas protexidas con fiaduras de arame para facelos resistentes a tracción, ademais de estar protexidos por varios revestimentos.














Os conectores máis utilizados na fibra óptica para redes de área local son ST, LC, FC y SC.


No hay comentarios:

Publicar un comentario