viernes, 11 de diciembre de 2015

ACTIVIDADE 10

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE10.
Os conceptos están definidos nas páxinas 51 e 53 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:
  • Navegadores GPS. Busca unha imaxe na rede.
  • Google Glass. Busca unha imaxe na rede.
  • Smart Watch. Busca unha imaxe na rede.

NAVEGADORES GPS

O GPS (Global Positioning System) é un sistema que permite determinar a posición dun obxecto ou dunha persoa, en calquera lugar do planeta, cunha precisión de poucos metros ou, incluso, centímetros.
A tecnoloxía GPS está baseada na utilización de 24 satélites cuxas órbitas están sincronizadas para cubrir toda a superficie terrestre.
Os navegadores GPS dispoñen dun receptor GPS capaz de recibir sinais dos satélites. Unha vez que o receptor ten a sinal de catro satélites, ao menos, o navegador é capaz de determinar cal é a súa posición por triangulación.
Os navegadores dispoñen de cartografía e software específico para situar as coordenadas do GPS sobre o mapa, analizar as posibles rutas para chegar a un destino concreto e planificar a que consideren máis adecuada segundo os criterios que o usuario especifique. Ditos navegadores poden estar integrados, en vehículos e teléfonos intelixentes, ou ben como dispositivos independentes, sendo algúns dos modelos máis extensos Navman e TomTom Navigator.


 












 

 

GOOGLE GLASS

Google Glass son unhas gafas de alta tecnoloxía, desenvolvidas por Google, que funcionan como asistente virtual utilizando realidade aumentada. Conectan ao usuario co seu teléfono intelixente a través da voz e a imaxe mostrase nunha pantalla incorporada. Esta pantalla está conectada a unha cámara, un micrófono e un altaofalante. Mediante unha conexión Wi-Fi e Bluetooth, as gafas poden comunicarse con outros dispositivos e aplicacións de Internet.
Utilizan unha versión reducida do sistema operativo Android. Algunhas das súas aplicacións son tomar fotos, gravar vídeos, navegar por Internet e usar a maioría de aplicacións de Google.


 

 

 

 

 

 

 

RELOXOS INTELIXENTES

Un reloxo intelixente ( SmartWatch) é un reloxo de pulseira que integra funcións similares as de un teléfono intelixente ou un ordenador portátil. Utiliza a tecnoloxía Wi-Fi, Bluetooth ou conexión móbil para conectarse a Internet e intercambiar información con outros dispositivos.
Estes dispositivos poden incluír características como un acelerómetro, altímetro, barómetro, compás, cronógrafo, equipo de mergullo, calculadora, teléfono móbil, GPS, pantalla gráfica, altofalante, axenda,etc.
Por outro lado, estes reloxos inclúen o seu propio sistema de aplicacións que soen estar relacionados coa saúde e o deporte, a produtividade, os contidos multimedia, os xogos e o acceso as rede sociais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario